coidados e intereses

Non está sendo a falta de ganas nin se quera a falla de materiais que achegar: saio agora dunhas semanas no que as tarefas rutinarias e repetitivas me teñen impedido renovar contidos. Despois de compilar unha cantidade de material considerable en torno a temas que van dende a posibilidade de medición do benestar ata a súa subxectividade –e continxencia- paso a esa parte do traballo que presta (cunde). Adoro a análise de textos.

Estou con Sen e máis con Foucault. Para abrir boca. Sendo dúas figuras tan diferentes os dous comparten a paixón polo estudo das poboacións. Un centrándose na privación –fames negras, analfabetismo, mulleres non nacidas (preferencia polo fillo varón); en aspectos de medición do benestar, na lóxica aplicada a determinados principios éticos e o que o seu desenvolvemento implica; as relacións ética / economía. Michel no control das poboacións, as relación do suxeito cos xogos de verdade, as prácticas coercitivas, e tamén as prácticas de si.

En Doce textos fundamentales de la Ética del siglo XX figura unha entrevista que se lle fixo a Foucault e na que se lle preguntaba sobre cuestións que teñen que ver coa Ética:

-Dice usted que hay que practicar la libertad éticamente…

Sí, porque ¿qué es la ética sino la práctica de la libertad, la práctica reflexiva de la libertad?

-¿Quiere esto decir que entiende usted la libertad como una realidad en sí misma ya ética?

La libertad es la condición ontológica de la ética. Pero la ética es la forma reflexiva que adopta la libertad.

Ao pensar sobre as relacións que se establecen entre o interese propio e o benestar xeral hai dous dominios intrincados que me teñen unha topoloxía suxestiva: o interese propio en si mesmo e a súa relación coa liberdade, pero tamén coa obediencia, a disciplina –pensemos no mundo da empresa e do traballo-. A construcción tradicional en Economía faise establecendo unha relación directa e estable entre intrese propio e maximización do mesmo coa racionalidade como mediadora (en palabras de Sen). O sengundo é sobre, digamos, a ontoloxía do Benestar. Pódese medir a prosperidade dos cidadáns da polis? Como poñer os menos atrancos posibles á súa felicidade? É significativo que moita da Economía do Benestar se basee no estudo do consumo, onde hai que escoller entre peras e mazás. Nesta análise tamén se inclúe o mundo do traballo, si, como unha elección racional entre tempo de ocio e tempo de traballo. Non podo deixar de pensar nas relacións que deben existir entre o mundo das frustracións e do consumo, por exemplo. As frustracións laborais e  os desafogos diversos; os centros comerciais, o entretaiment, e moitos etcétras. Todos estes problemas relacionados coa consideración da racionalidade do consumo e o benestar (ou malestar) deron pe a que economistas como A. Sen puxesen rumbo a outros indicadores, máis complexos, e que requiren dunha outra metodoloxía. E nace o seu enfoque das capacidades: non suxeito ás enormes ataduras que tiña un enfoque baseado na racionalidades das decisións de consumo pero que conta coas súas propias. Que variables incluímos para medir aspectos que teñen que ver co desenvolvemento das persoas? Educación, mortalidade, diferenciais de xénero, participación cidadá na política e nos seus destinos?… e aínda máis: como medimos?, que indicadores construímos sobre esas variables? Para facer un macro-indicador sintético como ponderamos?

e volvendo ao interese propio, despois deste paseo polas nubes, di Foucault:

El cuidado de sí ha sido, en el mundo grecorromano, el modo en que la libertad individual –o la libertad cívica, hasta cierto punto- se ha reflexionado como ética. Si toma usted toda una serie de textos que van desde los primeros diálgos platónicos hasta los grandes textos del estoicismo tardío –Epiceto, Marco Aurelio…- comprobará que este tema del cuidado de sí ha atravesado verdaderamente toda la reflexión moral. Es interesante ver cómo, en nuestras sociedades, por el contrario, a partir de un determinado momento –y es muy difícil saber cuándo se produjo esto-, el cuidado de sí ha llegado a ser algo un tanto sospechoso. A partir de dicho momento, ocuparse de sí ha sido denunciado con toda naturalidad como una forma de amor a uno mismo, como una forma de egoísmo o de interés individual, en contradicción con el interés que hay que prestar a los otros o con el necesario sacrificio de uno mismmo.

Non fala Foucault do nacemento e evolución do concepto de interese propio –hai un excelente libro de Hirchman ao respecto-; dista de todas formas un mundo do coidado de si ao interese propio da Economía, penso. E non podo dicir moito máis porque aínda estou en proceso… e comezando.

Advertisements

5 Responses to “coidados e intereses”


  1. 1 Ivan Solla 17/03/2010 at 14:30

    No se si tienes referencias al caso de Buthan, cito un artículo de el País :
    Un caso muy interesante es el de Bután, un pequeño Estado en pleno corazón del Himalaya, habitado por 860.000 personas y que a partir de la inquietud de su monarca, Jigme Singye Wangchuck, ha decidido incluir el bienestar psicológico de sus ciudadanos en una prioridad nacional. A raíz de ello, en Bután se mide la “felicidad interior bruta” (FIB), que, entre otras variables, tiene en cuenta el acceso de los ciudadanos a la asistencia sanitaria, la conservación de los recursos naturales del país o el tiempo que pueden disfrutar con su familia.(…)Otros países, como Japón, están planteándose también incorporar la felicidad interior bruta entre sus índices de progreso, conscientes de que su gran riqueza económica no es capaz de detener el incremento sostenido del número de suicidios entre la gente joven o el progresivo aislamiento de una cada vez mayor parte de la población adolescente.

    Internet

    · http://es.wikipedia.org/wiki/Bienestar_social
    · La felicidad interior bruta, Alex Róvira, El PAÍS
    · http://solidaridadcomunitaria.blogspot.com/2007/04/felicidad-interior-bruta-fib.html
    · http://www.kingdomofbhutan.com/

    Bibliografía

    · BROOK LARMER, Bhután, un reino en transición, Barcelona, National Geographic, Ed. Española. Marzo 2008.

  2. 2 socialphlow 17/03/2010 at 15:43

    Ola Iván,

    estou moi contento de que o tema estea a interesar. Os índices aos que enlazas e as cousas que comentas son froito, en parte, dos estudos de Amartya Sen. Ten un libro sobre o tema do desenvolvemento chamado “Desarrollo y Libertad” na súa edición castelá que está moi ben.
    O debate sobre o benestar mantido por Sen con Arrow, Rawls e Harsanyi, entre outros, dou pé a que nacera o seu enfoque das capacidades. Derivados dese enfoque é de onde proceden o Índice de Desenvolvemento Humano, o Índice de Desigualdade de Xénero, o Índice de Pobreza Humana, o Índice de Felicidade, e tantos outros.
    O caso de Buthan descoñecíao.
    Moitas grazas por aportar e por comentar.

  3. 3 Manuel 17/03/2010 at 16:50

    Nota o manexo que fai Foucault dos termos “coidado de sí” e “liberdade cívica”. O coidado de sí no mundo grecorromano era un imperativo ético/moral cara a sociedade (Atenas, República, Imperio,…). Os amos coidaban dos escravos, pero os cidadáns libres debían coidar de se mesmos para seguir sendo útiles á sociedade.

  4. 4 socialphlow 17/03/2010 at 19:39

    E neste punto é onde habería que acodir ao resto do texto para completar iso que comentas, porque na entrevista tamén se ocupan de aspectos políticos que teñen que ver coa relación do cidadán (o home libre e con dereitos) cos outros que dependen de él. Sabemos que o masculino neste caso non é xenérico…

    Quote:

    “-¿Y es aquí donde usted sitúa el análisis del poder?
    Considero que, en la medida en que la libertad significa para los griegos, la-no-esclavitud –lo que en todo caso constituye una definición de libertad bastante diferente a la nuestra- el problema ya es completamente político. Y es político en la medida en que la no-esclavitud es, a los ojos de los otros, una condición: un esclavo no tiene ética. La libertad es, por tanto, en si misma política. Y además conlleva también un modelo político, en la medida en que ser libre significa no ser esclavo de sí mismo y de sus apetitos, lo que implica que se establece consigo mismo una cierta relación de dominio, de señorío, que se llamaba arché.

    -el cuidado de sí, como usted ha dicho, es, en cierto modo, el cuidado de los otros. El cuidado de sí es, en este sentido, también siempre ético, es ético en sí mismo.
    Para los griegos no es que sea ético porque es cuidado de los otros. El cuidado de sí es ético en sí mismo; pero implica relaciones complejas con los otros, en la medida en que este éthos de la libertad es también una manera de ocuparse de los otros. Por ello, para un hombre libre que se comporta como debe ser es importante sbaer gobernar a su mujer, a sus hijos, su casa. Y aquí se da también el arte de gobernar. […]

    -¿Cabría comprender este cuidado de sí, que posee si sentido ético positivo, como una especie de conversión del poder?
    Una conversión, sí. En efecto, se trata de una manera de controlar y de limitar. Pues si bien es cierto que la esclavitud es el gran peligro al que se opone la libertad griega, hay también otro peligro, que aparece a primera vista como lo inverso de la esclavitud: el abuso de poder. En el abuso de poder, uno desborda lo que es el ejercicio legítimo de su poder e impone a los otros su fantasía y sus deseos. Así se encuentra la imagen del tirano o simplemente del hombre poderoso y rico, que se aprovecha de este poder y de su riqueza para abusar de los otros y para impornerles eso: un poder indebido. Pero cabe apercibirse –en todo caso, eso es lo que dicen los filósofos griegos- de que este hombre es en realidad, un esclavo de sus apetitos. Y el buen soberano es, precisamente, el que ejerce si poder como es debido, es decir, ejerciendo al mismo tiempo su poder sobre sí mismo. Y el poder sobre sí es el que ca a regular el poder sobre los otros”.

  5. 5 socialphlow 17/03/2010 at 19:54

    digamos que a liberdade individual tíñana tódolos cidadáns, pero o coidado de si o exercían uns mellor que outros, e en todo caso cada quen de xeito distinto.

    E caio na tentación de facer un paralelismo se cadra imprudente: Tense comparado moito a democracia co mercado, onde as compras efectuadas son semellantes a votos. Eses votos guían ao mercado. (é algo así como dicir que o sistema que máis lle acae á nosa democracia é o do mercado; se cadra é certo). Fala diso Galbraith en “La Economía del fraude incente”.
    Pois penso qeu existe un paralelismo, ou algo así, vaia, co que nos explica Foucault: Todos os que somos consumidores –cidadáns- expresamos o noso ethos -as preferencias- a traveso dos nosos actos –compras.
    O coidado de si, o xeito que lle damos, depende do racionais que sexamos, a preocupación por informarnos ben, a nosa taxa de desconto e a nosa aversión ao risco, etc.

    e di Foucault na mesma entrevista:

    “Los griegos, en efecto, problematizaban su libertad, y la libertad del individuo, como un problema ético. Pero ético en el sentido en el que podían entenderlo los griegos: el éthos era la manera de ser y la manera de proceder que resultaban visibles para los otros. El éthos de alguien se reflejaba a través de su vestir, de su aspecto, de su forma de andar, de la calma con la que respondía a todos los sucesos, etc. Tal es, para ellos, la forma concreta de la libertad; así es como problematizaban su libertad. El que tiene un éthos noble, que puede ser admitido y citado como ejemplo, es alguine que practica la libertad de una determinada manera”.


Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s





%d bloggers like this: