Posts Tagged 'self-interest'

becoming

Penso que despois de un ano de lecturas –case- xa podo comezar a escribir. Na tese intentarei unha abordaxe dialéctica ao concepto de hommo economicus. Non teño todo definido pero penso que teño xa uns puntos de referencia bastante estables. Os ingredientes son:

Fariña de Catherine Malabou: Filósofa francesa discípula de Derrida que finalmente ten dado en algo completamente alleo ao deconstrucionismo e todas esas liadas. O que está a facer é actualizar o pensamento hegeliano a traveso do concepto de plasticidade. é unha tía moi coidadosa no traballo cos conceptos. Ademais na súa obra é moi importante a ciencia que estuda a mente: a neurociencia. Existe unha característica dos procesos mentais de desenvolvemento e aprendizaxe que é a neuroplasticidade. Malabou relaciona o concepto hegeliano co da neurociencia mentres lle dá un repaso a Freud, co que mantén un diálogo constante. En The Future of Hegel: Plasticity, Temporality and Dialectic establece un xeito de traballar coas proposicións mediante o que se pode establecer unha relación dialéctica entre o suxeito e o predicado. Ela fala de darlle plasticidade á proposición. Para elo primeiro hai que estudar o concepto en cuestión –no meu caso o interese propio, que é a característica principal que se lle atribúe ao hommo economicus- a traveso dos usos do mesmo,  despois tratalo nas súas excepcións levándoo fóra do seu dominio. Unha vez facemos isto podemos dárlle un xiro dialéctico á nosa proposición, que no noso caso sería “o hommo economicus é aquel que se ocupa do seu propio interés”. Este xiro dialéctico consistiría en excluír ríxidamente –prafrasenado a Hegel en boca de Malabou- o xeito habitual de relación entre as partes; só deste xeito se conseguiría o obxectivo da plasticidade. Mediante este paso entraríamos nos complicados dominios da dialéctica: establecer un caminño de ida e volta, de influencia mutua entre o interés propio e a conduta económica, para levar esta relación a lugares que lle son estraños na análise que habitualmente se fai deles. Neste caso sería un intento de levar esta relación a lugares onde se entretecen o político e o económico. Aquí entra o segundo ingrediente.

Media ducia (máis ou menos) de neuroeconomistas. Estes son os que aportan as excepcións as condutas interesadas. Ben, primeiro tratarase o uso máis habitual do concepto de interese propio, sendo de axuda Gary Becker por ser un dos que ten levado este tipo de lóxica na conduta máis lonxe, pero se cadra tamén nos colle aquí Glimcher, aínda non o sei. Penso que debo considerar así mesmo a perspectiva dende a que se trata o tema da racionalidade nas intencións dos axentes, tema tratado por Don Ross. Don ross defence un enfoque à la Samuelson, onde a racionalidade é algo externo, que se observa a traveso das escollas, non dos procesos de toma de decisións. Despois as excepcións aportadas por xente como Loewenstein, Camerer, Rabin, Fehr, Frey e como afectan ao interese propio.

En relación con cada un destes autores haberá que tratar o interese propio respecto de dous compañeiros de viaxe: a racionalidade e os sentimentos. A primeira debido a que define o dominio do noso prota. O interese propio ten sentido na análise habitual que se fai del mentres sexa coerente coas preferencias do suxeito, esta coerencia fala da súa racionalidade. o segundo dos compañeiros son os sentimentos. este é un terreo onde se xoga o sentido da dialéctica apropiada. E voume explicar. Algúns dos neuroeconomistas antes mencionados conciben os sentimentos como en loita coa razón polo dominio das escollas, das decisión que tomamos. Outros pensan que primeiro avaliamos –mediante algún xeito de racionalidade previa- e isto determina os nosos sentimentos, que dan en disparar os dispositivos que nos levan a tomar decisións. E algún neurocientista, que intencionadamente omitín antes –Damasio- danlle primacia aos sentimentos sobre a razón. Serían os sentimentos os que farían o traballo previo nas escollas. O lugar do interese propio respecto dos sentimentos difiere cualitativamente segundo o enfoque de que se trato: do lado da razón e o cláculo para os que falan de enfrontamento; como un algoritmo dopamínico en relación con unha racionalidade externa para os que a racionalidade é previa –Ross, Glimcher-, e como un sentimento máis para Damasio.

Terceiro ingrediente: Adrian Johnston. Esta a colaborar con Malabou e vai sacar en breve un esperadísimo –por min- libro con ela. Fala dos sentimentos dende unha perspectiva que convina análise lacaniana e dialéctica hegeliana. é especialista en Zizek. Nos artigos que teño del non fala específicamente do interese propio, o cal é u inconveniente, pero traza un mapa da cuestión da relación dos sentimentos e o seu estatuto. Fala de Damasio e outros neurocientistas concluíndo unha relación dialéctica entre sentimentos e linguaxe: “Affects are signifiers”, que nos pode valer perfectamente para a nosa análise, ou iso esperamos.

O último ingrediente é de dubidosa utilización e de momento non o hei de incluir. De feito penso que podería pasar sen el e concluír con Johnston.

A cocción consistiría en discutir o rol do interese propio, e o seu estatuto, na conformación da conduta económica dos individuos seguindo a metodoloxía Malabou e intentar concluír algo ao respecto.

coidados e intereses

Non está sendo a falta de ganas nin se quera a falla de materiais que achegar: saio agora dunhas semanas no que as tarefas rutinarias e repetitivas me teñen impedido renovar contidos. Despois de compilar unha cantidade de material considerable en torno a temas que van dende a posibilidade de medición do benestar ata a súa subxectividade –e continxencia- paso a esa parte do traballo que presta (cunde). Adoro a análise de textos.

Estou con Sen e máis con Foucault. Para abrir boca. Sendo dúas figuras tan diferentes os dous comparten a paixón polo estudo das poboacións. Un centrándose na privación –fames negras, analfabetismo, mulleres non nacidas (preferencia polo fillo varón); en aspectos de medición do benestar, na lóxica aplicada a determinados principios éticos e o que o seu desenvolvemento implica; as relacións ética / economía. Michel no control das poboacións, as relación do suxeito cos xogos de verdade, as prácticas coercitivas, e tamén as prácticas de si.

En Doce textos fundamentales de la Ética del siglo XX figura unha entrevista que se lle fixo a Foucault e na que se lle preguntaba sobre cuestións que teñen que ver coa Ética:

-Dice usted que hay que practicar la libertad éticamente…

Sí, porque ¿qué es la ética sino la práctica de la libertad, la práctica reflexiva de la libertad?

-¿Quiere esto decir que entiende usted la libertad como una realidad en sí misma ya ética?

La libertad es la condición ontológica de la ética. Pero la ética es la forma reflexiva que adopta la libertad.

Ao pensar sobre as relacións que se establecen entre o interese propio e o benestar xeral hai dous dominios intrincados que me teñen unha topoloxía suxestiva: o interese propio en si mesmo e a súa relación coa liberdade, pero tamén coa obediencia, a disciplina –pensemos no mundo da empresa e do traballo-. A construcción tradicional en Economía faise establecendo unha relación directa e estable entre intrese propio e maximización do mesmo coa racionalidade como mediadora (en palabras de Sen). O sengundo é sobre, digamos, a ontoloxía do Benestar. Pódese medir a prosperidade dos cidadáns da polis? Como poñer os menos atrancos posibles á súa felicidade? É significativo que moita da Economía do Benestar se basee no estudo do consumo, onde hai que escoller entre peras e mazás. Nesta análise tamén se inclúe o mundo do traballo, si, como unha elección racional entre tempo de ocio e tempo de traballo. Non podo deixar de pensar nas relacións que deben existir entre o mundo das frustracións e do consumo, por exemplo. As frustracións laborais e  os desafogos diversos; os centros comerciais, o entretaiment, e moitos etcétras. Todos estes problemas relacionados coa consideración da racionalidade do consumo e o benestar (ou malestar) deron pe a que economistas como A. Sen puxesen rumbo a outros indicadores, máis complexos, e que requiren dunha outra metodoloxía. E nace o seu enfoque das capacidades: non suxeito ás enormes ataduras que tiña un enfoque baseado na racionalidades das decisións de consumo pero que conta coas súas propias. Que variables incluímos para medir aspectos que teñen que ver co desenvolvemento das persoas? Educación, mortalidade, diferenciais de xénero, participación cidadá na política e nos seus destinos?… e aínda máis: como medimos?, que indicadores construímos sobre esas variables? Para facer un macro-indicador sintético como ponderamos?

e volvendo ao interese propio, despois deste paseo polas nubes, di Foucault:

El cuidado de sí ha sido, en el mundo grecorromano, el modo en que la libertad individual –o la libertad cívica, hasta cierto punto- se ha reflexionado como ética. Si toma usted toda una serie de textos que van desde los primeros diálgos platónicos hasta los grandes textos del estoicismo tardío –Epiceto, Marco Aurelio…- comprobará que este tema del cuidado de sí ha atravesado verdaderamente toda la reflexión moral. Es interesante ver cómo, en nuestras sociedades, por el contrario, a partir de un determinado momento –y es muy difícil saber cuándo se produjo esto-, el cuidado de sí ha llegado a ser algo un tanto sospechoso. A partir de dicho momento, ocuparse de sí ha sido denunciado con toda naturalidad como una forma de amor a uno mismo, como una forma de egoísmo o de interés individual, en contradicción con el interés que hay que prestar a los otros o con el necesario sacrificio de uno mismmo.

Non fala Foucault do nacemento e evolución do concepto de interese propio –hai un excelente libro de Hirchman ao respecto-; dista de todas formas un mundo do coidado de si ao interese propio da Economía, penso. E non podo dicir moito máis porque aínda estou en proceso… e comezando.